Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

Pladiga 2009 Publicado e novos chamamentos

O venres pasado publicouse e aprobouse o Pladiga 2009, no que se pode observar ademais dos diferentes efectivos contratados directamente pola Xunta os contratados por SEAGA S.A., ademais de planos e información de interese sobre o dispositivo de incendios.

O Pladiga 2009 podese visualizar aqui: http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/pladiga_2009/

Ademais nos vindeiros dias (esta semana) chegaran novos chamamentos en diversas categorias (Vixiante Fixo, emisorista, etc) de novas prazas que se contratarán directamente polas listas da Xunta de Galicia. No foro temos un listado de prazas deste segundo chamamento remitido por unha organización sindical. Comentar tamén que as citacións pendentes (para efectos informativos) podense consultar en http://www.xunta.es/dxfp/cit.htm (esta opción e meramente para efectos informativos).

Seguiremos informando ….

En: Uncategorized — Junio 24, 2009

Manifestación en DEFENSA DO PLADIGA - MERCORES 17

En: Uncategorized — Junio 11, 2009

Asemblea Pladigas en Silleda o Xoves 4 as 10:00

CCOO (e esperamos que se sumen o resto de organizacions sindicais) convoca asemblea de traballadores do reforzo de verán para o próximo xoves dia 4 as 10 horas en Silleda.

En: Uncategorized — Junio 1, 2009

¿Vixiantes Fixos por Seaga?

Con data 5 de Maio de 2009 publicouse na páxina web da empresa pública SEAGA as bases específicas para a cobertura de postos na categoria “Vixiante Fixo“.

Ditas bases atopanse aqui: http://epseaga.com/pdf/ofertas_emprego/Peon%20especialista/Bases_II_PE_VIXILANTE_Act.08.pdf

Resumindo un pouco o documento son as bases para a contratación de 83 traballadores nesa categoría. ¿Será que este ano SEAGA S.A. levará tamén casetas de vixilancia? ¿Esos 83 traballadores hay que descontalos dos 148 traballadores que se contrataron o ano pasado nesa categoria? ¿Continúa o novo goberno co legado do bipartito de contratar o reforzo de verán por SEAGA en vez de cumplir a súa promesa electoral de CONTRATAR A TOTALIDADE DO REFORZO POLAS LISTAS?

Seguiremos informando …

En: Uncategorized — Mayo 20, 2009

PROBAS FISICAS A PARTIR DO 30 DE MARZO

Resolución do 9 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan para a realización das probas físicas e de agudeza visual os aspirantes a formar parte das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

A base 9ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, establece que para poder ser contratados nas categorías de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais é requisito imprescindible a superación dunha proba de aptitude física: proba do banco, que consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e 33 cm para as mulleres, a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces minuto) durante un período de 5 minutos, sendo necesario para ser considerado apto obter, como mínimo, os parámetros de capacidade aeróbica, pola aplicación dos resultados da idade, peso e pulsacións segundo as táboas propias desta proba: 38 puntos agás no caso dos condutores de motobomba, que será de 35. E para poder ser contratado nas categorías de vixilante fixo e vixilante móbil é requisito imprescindible a superación dunha proba de agudeza visual na cal tamén o resultado é apto ou non apto.

Por outro lado, o Acordo do 1 de febreiro de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería do Medio Rural, polo que se lle encomenda a xestión das listas de contratación do persoal do Infoga derivadas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, á Consellería do Medio Rural, establece na cláusula 1ª b) que a organización e realización da proba física e, de ser o caso, de agudeza visual, á cal deben someterse os distintos integrantes das listas, corresponde á Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

Con base no anterior, esta secretaría xeral

RESOLVE:

1º As probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, iniciaranse ás 8.30 horas do 30 de marzo de 2009 nas capitais das catro provincias galegas, nos seguintes lugares:

-A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto; rúa Alcalde Sanjurjo, s/n.

-Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras); rúa Filarmónica Lucense s/n.

-Ourense: Pavillón Polideportivo de Oira; Oira s/n.

-Pontevedra: Pavillón dos Deportes de Pasarón, r/ Juan Manuel Pintos s/n.

2º O luns 30 de marzo de 2009 iniciarán as probas os aspirantes cuxo primeiro apelido empece polas letras A, B e C, e cada día exporase no lugar de realización das probas e nos distritos forestais da provincia correspondente a relación de aspirantes que a realizarán o día seguinte. Tamén se publicará na páxina web da Consellería do Medio Rural, http://mediorural.xunta.es.

3º Os aspirantes realizarán as probas na provincia do seu domicilio. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

4º Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes.

5º Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais e do xustificante de terse inscrito nas listas.

6º A realización das probas estará coordinada por unha comisión provincial composta por dous representantes da Consellería do Medio Rural e un representante das organizacións sindicais. Así mesmo, poderase nomear persoal colaborador das comisións.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2009.

Alberte Souto Souto
Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

Fonte: DOG: http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/E64A?OpenDocument

LISTADOS DE CONVOCADOS: http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/probas_persoal_pladiga/

En: Uncategorized — Marzo 13, 2009

A campaña de verán 2009 para SEAGA

A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) encargarase da xestión do servizo de brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a encomenda da Consellería do Medio Rural á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) para a xestión do servizo de brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais para o ano 2009. Trátase do persoal de reforzo que actuará na época de máximo risco durante o verán.
O obxectivo desta encomenda é poñer en funcionamento un dispositivo que realice traballos ligados á prevención, vixilancia disuasoria e extinción de incendios forestais composto por brigadas de vixilancia móbil, brigadas de reforzo de verán e brigadas helitransportadas, así como outras categorías de persoal técnico de reforzo.
As brigadas localizaranse en todo o territorio de Galicia e, por necesidades da Subdirección Xeral de Defensa contra os Incendios Forestais, poderán desprazarse a calquera punto do país para realizaren labores de prevención e defensa contra incendios forestais.
O período de funcionamento das brigadas estenderase entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. O despregamento será paulatino dependendo das condicións meteorolóxicas e das necesidades do servizo, cun tempo de tres meses de actividade para as brigadas móbiles e terrestres.
No inicio do dispositivo, os primeiros días estarán dedicados a completar a formación do persoal e o resto, incluíndo a totalidade dos días da semana, realizarán traballos de vixilancia, primeiro ataque e outras funcións que lles sexan encomendadas relacionadas coa prevención, a vixilancia e a extinción de incendios forestais.
As brigadas actuarán conforme o fixado nos protocolos de actuación aprobados pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais para a prevención, vixilancia e extinción de incendios forestais. Nestas normas, establécese a cadea de mando e o procedemento operativo.

Fonte: Xunta de Galicia, resumo do consello do día 29 de Xaneiro de 2009

En: Uncategorized — Enero 29, 2009

El personal del Refuerzo de Verano de Incendios se reune con el presidente del Partido Popular de Lugo

Una representación del personal de Refuerzo de Verano del Servicio de Prevención y Defensa contra Incendios Forestales de la provincia de Lugo, se ha reunido en el día de hoy con el Presidente del Partido Popular en la provincia, Jose Manuel Barreiro, para hacerle llegar las inquietudes y problemas del colectivo así como para conocer su opinión sobre los mismos. Dicha reunión ha tenido lugar días despues de que les fuera remitido a todos los partidos politicos de la provincia una carta solicitando una entrevista.

En la reunión se ha acordado entrevistarse en próximas fechas con los representantes del partido en esta materia para tratar mas detalladamente los problemas que afectan al colectivo.

Asimismo el colectivo esperamos tener respuesta a las cartas enviadas al resto de partidos para poder mantener idénticas reuniones con estos.
ACTUALIZADO: La reunión se celebrará el próximo día 2 de Octubre.

En: Notas, Prensa — Septiembre 30, 2008

Comezan as respostas as cartas

Comezan as respostas as cartas, probablemente a proxima semana (o martes case seguro) sexa recibida polo previsible nº 1 do PP de Lugo as eleccions autonómicas (Xose Manuel Barreiro, vicepresidente do PP de Galicia) unha representacion dos traballadores.

Manteremosvos informados sobre a mesma tan pronto se produza.

En: Uncategorized — Septiembre 26, 2008

O persoal do Reforzo de Verán de Incendios solicita reunirse cos candidatos dos partidos políticos de Lugo

O persoal que compón o Reforzo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais na provincia de Lugo solicitan ser recibidos polos candidatos dos principais partidos políticos da Provincia que concurrirán as próximas eleccións Autonómicas para pulsar a súa postura ante as reivindicacións do colectivo, que afectan a máis de 2500 persoas en toda Galicia.

Nos últimos anos o persoal de reforzo de verán do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, tanto o contratado directamente pola Xunta de Galicia como o contratado pola Empresa Publica SEAGA, vimos reivindicando unha estabilidade laboral e unha profesionalización do Servizo que esta cada vez mais lonxe de producirse, só temos que observar os feitos producidos a comezos desde mes de Setembro, no que boa parte do persoal contratado pola Empresa Pública SEAGA foi despedido sen xustificación e posteriormente readmitido ante a presión sindical, mediatica e, principalmente, dos propios traballadores, os cales tiñan prometido por parte da empresa un período de traballo de 3 meses e moitos deles apenas con 2 meses foron despedidos e posteriormente readmitidos (con apenas horas de preaviso como se unha empresa de traballo temporal se tratase).

Os traballadores que compoñemos o reforzo de verán do Servizo Publico de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, os cales nos vimos reunindo dende o ano pasado con periodicidade e celebrando nas últimas semanas asembleas e reunións o longo de toda Galicia, apostamos por un Servizo PUBLICO e PROFESIONAL de Defensa Contra Incendios Forestais, para o cal é necesario uns criterios de selección OBXECTIVOS, baseados en listas nas que non predominen criterios Subxectivos de Produtividade, para o cal reclamamos que se prime, sobre todo, a experiencia nos últimos anos do persoal que compoñemos este colectivo, asemade da publicación TRANSPARENTE de ditas listas nas que se detalle claramente a puntuación dos candidatos e o nome destos para poder detectar erros e posibles manipulacións nas mesmas.

Reclamamos tamén saber con tempo suficiente a data de comezo dos contratos de traballo e non saber con apenas 3 dias de antelación dita data, ademais de contar cun tempo de traballo suficiente para manter un servizo “estable e profesional” campaña tras campaña e que dito tempo non dependa de circunstancias “climatolóxicas”, xa que o noso traballo non esta ligado exclusivamente a Extinción de Incendios, senón que boa parte do mesmo basease en realizar labores de Prevención (limpeza, desbroces, etc) e Mantemento de Infraestruturas de Defensa contra Incendios, co cal existe carga de traballo mais que suficiente para manter un servizo “estable e profesional” ano tras ano, que garanta un Servizo de Extinción de Incendios Publico, profesional e de calidade, que permita loitar eficazmente, ano tras ano, contra os incendios forestais que asolan Galicia.

Por todo elo solicitamos reunirnos cos principais partidos políticos que concorrerán as próximas eleccións autonómicas na provincia de Lugo para recabar a súa postura nestes asuntos que preocupan a mais de 2500 persoas en toda Galicia e deste modo saber cal vai ser a postura de ditas formacións políticas en temas como son:

  • Privatización do Servizo de Incendios a través da Empresa Pública SEAGA.

  • A non utilización de listas de contratación do decreto 37/2006 a pesares de estar aberta a inscrición (co cobro das correspondentes taxas e que se fagan ano tras ano probas físicas) e posteriormente non se contrate a ningunha persoa por ditas listas ou a moi poucas (dependendo da categoría).

  • Profesionalización do Servizo Público de Incendios Forestais.

  • Estabilidade Laboral do persoal de reforzo.

  • Política de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

  • Condicións de traballo do dispositivo de reforzo de verán

Por iso remitimos unha carta a cada unha das formacións políticas da provincia de Lugo solicitando que sexa recibida unha representación dos traballadores que nos vimos reunindo nas últimas datas para amosarlles as nosas inquedanzas e recabar a postura dos diferentes partidos políticos nestes asuntos.

Lugo, 23 de Setembro de 2008

Traballadores/as do Reforzo de Verán do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Provincia de Lugo.

En: Uncategorized — Septiembre 23, 2008

Conclusións reunión grupo de traballo Lugo 22 de Setembro

No dia de onte reunimonos o grupo de traballo de Lugo e entre outras cousas decidimos solicitar entrevista cos candidatos das principais formacions politicas que concorrerán as próximas eleccións autonómicas. Para elo enviarase unha nota de prensa e unha carta a cada formación política solicitando dita entrevista.

Calquera cousa que consideredes que debe ser publicada non dubidedes en mandala a correo@pladiga.com

En: Uncategorized — Septiembre 23, 2008

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2009 — Algunos derechos reservados