Solicitude a conselleria
Poñobos aqui o texto que se enviou hoxe na delegación da Xunta de Lugo con hora de rexistro 13:36 a conselleria.
David XXXXXX XXXXXX, David XXXXX XXXXXX, Miguel XXXXXX XXXXXX e María XXXXXX XXXXXX, en representación do persoal laboral eventual do PLADIGA (contratados, ata o de agora, ó abeiro do Decreto 37/2006, modificado polo 5/2007) das catro provincias galegas e con domicilio, a efectos de notificación en: XXXXXX, 14 XXXXXX XXXXXX (Lugo):
EXPOÑEMOS
Que, no pasado mes de outubro do 2007 foron entregadas, no rexistro xeral da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela), máis dun milleiro de sinaturas solicitando unha entrevista co Conselleiro de Medio Rural para transladarlle a problemática do persoal que compón o dispositivo de emerxencia contraincendios durante a tempada de máximo risco denominada “Plan PLADIGA” da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
SOLICITAMOS
Que sexamos recibidos, xa que a día de hoxe, non recibimos ningún tipo de desposta á nosa solicitude. Consideramos, asimesmo, que se trata dun problema de máxima importancia para o noso colectivo, composto por arredor de 2.000 persoas das que subsisten unha cantidade similar de familias, polo cal deberíamos ser recibidos coa máxima antelación.
Sen máis que agradecer, de antemán a súa contestación, reciba un saúdo cordial.
Asdo. David XXXXXX (A Coruña) Asdo. David XXXXXX (Lugo)
Asdo. Miguel XXXXXX (Ourense) Asdo. María Xesús XXXXXX (Pontevedra)

Comentarios
[…] de enviar por rexistro o escrito que comentabamos hay uns dias solicitando reunión ca conselleria, convocouse os 4 firmantes de dito escrito (representantes dos […]
Añade tu opinión