Comunidado do PLADIGA
PERSOAL DO PLADIGA CRITICA Á CONSELLERIA DO MEDIO RURAL POLA XESTIÓN DAS TAREFAS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS
Dende que, no ano 2006, a Consellería do Medio Rural asumiu plenamente a organización e contratación do dispositivo de reforzo do verán en materia de incendios forestais, as persoas inscritas nas listaxes do Decreto 37/2006, modificado polo 5/2007, viron como se vaciaban de contido ditas listas, poñendo en perigo os seus postos de traballo e, consecuentemente, condicionando a vida das súas familias. A creación das listas foi un acerto, funcionaban correctamente dando oportunidades de traballar tanto á xente máis experta como á de nova integración. Por este motivo, consideramos que se debería seguir aplicando o Decreto.
No ano 2006 iniciouse a demolición deste sistema de contratación público. Moita da xente que contaba con maior experiencia na extinción de incendios quedou fóra, tan só por non acreditar coñecementos do idioma galego.
No ano 2007 a contratación de persoal a través das listas do Decreto sufriu unha drástica reducción, coa aparición dunha empresa creada para eliminar uns 5.500 empregos públicos do dispositivo fixo e eventual. A empresa SEAGA supón a destrucción do emprego público e de calidade , así como a extinción do propio servicio público de incendios. Supón, ademáis, o fin do acceso transparente a través de ditas listas, a precarización das condicións de traballo e a perda da eficiencia, eficacia e profesionalidade, do dispositivo público que viña desempeñando as labores de extinción dende o ano 1989.
Nunha reunión coas organizacións sindicais, a Consellería do Medio Rural anunciou que este ano 2008 só vai a contratar mediante as listas públicas do Decreto 5/2007 ó seguinte persoal EN TODA GALICIA!!
CATEGORÍA
XUNTA
SEAGASA
ANO 2007
ANO 2008
ANO 2007
ANO 2008
Vixiante fixo
183
148
0
0
Técnico
7
6
51
49
Emisorista
58
57
19
24
Operador codificador
24
46
0
0
Conductores de motobomba
248
215
0
57
Xefes de brigada
266
3
130
398
Peóns conductores
266
3
194
479
Peóns
816
17
458
1282
TOTAL:
1868
495
852
2289
DIFERENCIA 2007/2008:
-1373
1437
Acábase así co relevo xeracional dos traballadores do servicio público, e iníciase a morte dun servicio no que 1.600 traballadores de plantilla, e ata 5.500 na época de máximo risco, levamos anos loitando contra os lumes nos nosos montes, arriscando as nosas vidas nunhas condicións laborais indignas, e cuns medios materiais máis que precarios en moitas das ocasións.
Medio Rural, conseguiu, nun par de anos: a creación pola propia administración autonómica dunha empresa para suplantar ó servicio e ó dispositivo de reforzo públicos, e que os milleiros de persoas anotadas nas listas do Decreto, acaben por perder o interese en formar parte dun dispositivo e dun servicio ata o de agora públicos. Isto queda demostrado tras comprobar que, das 150 persoas que estaban citadas, diariamente, para facer as probas físicas, só acudiron a terceira parte.
Asistimos, así, a unha xestión dos servicios e do emprego público, que dista moito da búsqueda de emprego estable e de calidade, á vez que se empeora a profesionalidade do servicio contraincendios.
As reivindicacións do persoal laboral eventual do PLADIGA, son:
- Que o 100 % dos efectivos de reforzo de verán sexan contratados ó abeiro do decreto 37/2006, modificado polo 5/2007.
- Un mínimo de 6 meses de traballo ininterrumpidos, redundando na mellora profesional do servicio e da nosa estabilidade laboral.
- Maior axilidade na cobertura de vacantes, baixas, xubilacións, etc.
- Poder acceder á formación en materia de incendios forestais, xa que ata o de agora non temos a posibilidade de realizar cursos de formación como o resto do persoal laboral fixo.
TRABALLADORES LABORAIS TEMPORAIS DO PLADIGA DO S.P.D.C.I.F.

Comentarios
Que va ser ahora de todos los VIXIANTES FIXOS y MOTOBOMBISTAS que no se apuntaron en SEAGA y que ahora Medio Rural, pasa de todos ellos, entre otras categorias que no asumia SEAGA, Una verguenza es esta Xunta
Es increible leer na paxina de Medio rural, que vaise gastar en Vixilancia mais de 728000 € para que os Militares vixilen os Montes e Medio rural Peches as casetas da Provincia da Coruña, asi funciona esto.
Añade tu opinión