Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

MedioRural “responde”

Medio Rural garante o proceso de selección transparente da empresa pública Seaga, que permitirá mellorar as condicións do persoal de reforzo contra incendios

A Consellaría do Medio Rural sinala que informou, xa o ano pasado e ao inicio desta campaña, os sindicatos da contratación do persoal temporal de reforzo de verán a través da empresa pública Seaga, de cara a incrementar a profesionalización e a eficiencia do dispositivo cun mando único.

Santiago de Compostela, 16-04-2008 A Consellaría do Medio Rural mantén un dispositivo de prevención e extinción de incendios permanente durante todo o ano conformado por persoal laboral e funcionario, ao que se lle engade un reforzo na tempada de máximo risco que, a partir desta campaña, asume a empresa pública Seaga na súa totalidade, no proceso de consolidar o mando único do operativo. Este proceso iniciouse o ano pasado coa asunción e centralización das brigadas que anteriormente se contrataban a través dos concellos.

Os sindicatos foron informados dende a creación da empresa pública Seaga desta planificación programada pola Consellaría do Medio Rural, co obxectivo de que o persoal de reforzo se integrase na mesma de forma progresiva, cun sistema de contratación exactamente idéntico ás listaxes de Función pública, en canto á igualdade de oportunidades segundo méritos, capacidade, publicidade e transparencia. Así, o proceso aberto de selección do persoal é igual de transparente que o de convocatorias anteriores debido ao carácter público de Seaga.

De feito, en moitas categorías entran todos os que cumplen os requisitos e están inscritos na convocatoria e mesmo se chegou a recorrer ao INEM porque se agotaron as listaxes, como xa aconteceu o ano pasado. Daquela, calquera valoración de falta de transparencia e igualdade de oportunidades é rotundamente falsa.

Medio Rural sinala que a contratación mediante a empresa pública Seaga do persoal de reforzo para a campaña de verán vai na liña de maior profesionalización do dispositivo.

Seaga é unha sociedade pública creada pola Xunta para a realización de actuacións e prestación de servizos encomendados, fundamentalmente en materia forestal e relacionados coa prevención e loita contra incendios. Polo tanto, non se trata de ningunha privatización do servizo.

Fonte: Web da conselleria do Medio Rural

En: Prensa — Abril 16, 2008

Trackbacks

Para hacer un trackback a este post usa esta URL


Comentarios

Los comentarios de este post en RSS
  1. Supuestamente SEAGA es para reforzar el personal, segun cuenta esta gente pero no Asume todas las categorias, y reducen otras, SEAGA no asume los Vigilantes fijos y las Motobombas no representan ni un 10 % y ahora medio Rural los echa del PLADIGA no aprendieron del 2006, van de mal a peor, cuando le vengan los incendios y problemas a ver q cuentos e historian inventan Zipi y Zape ( Blanco y Canal )

    Natalia - Mayo 11, 2008 @9:08 am

Añade tu opinión


(obligatorio)
¿Añadir la URL de tu blog?

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2008 — Algunos derechos reservados