Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

Resultado da reunión coa conselleria

Poño un resumo da reunión celebrada onte co secretario da conselleria de Medio Rural, resumo que me chegou dun dos participantes en dita reunión.

Puntos expostos polos participantes (PLADIGA):

Dende que no pasado verán aparecese no ambito de extincion de incendios a empresa Seaga, sentimonos moi preocupados pola nosa situacion dentro das listas do Decreto37/2006. Por este motivo solicitamos unha reuniónn coa conselleria de Medio Rural mediante a presentacion de mais d 1000 firmas no pasado mes de outubro, queremos así expoñer o noso problema e coñecer a postura da sonselleria ó respecto.
A nosa preocupacion aumentou mais, se cabe, dende que fai unhas semanas coñecemos os datos que a propia conselleria rebelou ós sindicatos, indicando o persoal que vai contratar a traves das listas.Parecenos irrisorio que non se contratre ningunha brigada de terra en Galicia a traves das listas xa que este persoal é o que combate o lume en primeira liña. A xente que formamos parte do Pladiga (antigo Infoga) somos pèrsoal que levamos anos formando parte do reforzo do dispositivo na epoca de maximo risco e sería un gran erro prescindir da nosa experiencia e formacion.
Dende o noso punto de vista o mais xusto e loxico seria que o 100% do persoal fose contratado a través dop Decreto para o reforzo do verán, así como a cobertura axil de baixas, vacantes, etc. do persoal fixo xa que se redundaría na mellora profesional do servicio publico de incendios.
Por outra banda non entendemos comom unha empresa financiada por toda a sociedade galega como é Seaga, absorba a mais de 1500 traballadores que constituen o Pladiga, ademais de facerse responsable dunha tarefa de maxima importancia como é a loita contra o lume no noso país. Favorecese así a desprofesionalizacion do servicio, a precariedade laboral, a falta de transparencia nas contratacions (entrevista de dudosa validez, listas por DNI, etc.) á vez que mediante dita empresa se suplantan labores propias do persoal Pladiga, fixo e fixo descontinuo do SPDCIF.
Consideramonos tamen moi desfavorecidos á hora de baremar os méritos en dita empresa.
Criticamos tamen a falta de informacion xa que a día de hoxe non sabemos nin se vamos traballar, nin canto tempo e esto supón unha gran indecisón para o noso futuro.

Respostas por parte do Sr Secretario:

- Dende o noso punto de vista, comentamoslle que tras a eliminacion das brigadas municipais, consideramos que a creación de Seaga non contribue en absoluto na existencia dun mando único: “de ningún xeito, o mando e as funcions está claramente detalladas, os tecnicos de Seaga mandaran sobre as brigadas de Seaga e os axentes sobre as brigadas da Xunta”

- Sobre as declaracions de Alberte Blanco (formacion, profesionalidade,etc.) está totalmente dacordo con él.

- Sobre a cobertura de baixas, vacantes, etc…”tomo nota para que isto se faga de xeito máis áxil..temos constancia do problema de brgadas con poucos traballadores”

- en canto a porque o diñeiro investido en seaga non se utilizou para a mellora do servicio público…”ten graves deficiencias que non son fáciles de arranxar e, en melllora da eficacia e profesionalidade optamos pola empresa pública

- No referente a condicions de traballo: Se o Pladiga se rixe polo Convenio do Servicio de incendios, ¿porque se rixe Seaga á hora de dereitos laborais? “Polo Estatuto dos traballadores” Nós replicamoslle que o convenio era, cos seus defectos, moito máis avanzado que o Estatuto…contestou: “non, o convenio no seu anexo 5 tampouco é moi especifico que digamos”

- En canto á diferencia de baremacion do tempo traballado: “se miramos os ratios xerais claquer traballador que traballlase na Xunta estara por diante do de Seaga, xa que en Seaga dependen dun complemento de productividade que pouca xente acadou”

- Sobre a estabilidade laboral: “as listas da Xunta non garanten en absoluto a estabilidade laboral, mentres que en Seaga existe a posibilidade de trabllar todo o ano no monte en tarefas de prevención”

- En canto á proxima campaña: “previsto empezar en xuño e mitade de xuño (escalonadamente) e duración do contrato de 3-4 meses”

- Comentamoslle que, se a conselleria sabía que ían pasar todos os medio para Seaga neste ano: ¿porque non se informou os traballadores xa que moitos xa optarian para empezar en SEaga o pasado ano? “dende a conselleria xa se avisou en decembro de que se ían pasar todo o persoal de terra para Seaga”…no refernte a ¿porque seguian as listas abertas?, criticamoslle o afan de recaudacion polas tasas..contestou: “as listas seguen abertas para baixas, vacantes..pero existe aposibilidade de pechlas”
- No refernte a existencia de Seaga..criticamolos de externalizaqcioin dos servicios propios da Administracion…”en absoluto” contestou.

En: Uncategorized — Abril 25, 2008

Trackbacks

Para hacer un trackback a este post usa esta URL


Comentarios

Los comentarios de este post en RSS
  1. Perdoade polos error ortográficos pero copiei o correo tal cual me chegou, o longo da tarde correxirei ditos erros, pero cria convinte que era mellor da a coñecer a información canto antes.

    admin - Abril 25, 2008 @3:07 pm
  2. E interesante o punto da estabilidade laboral e sobre todo o punto do doble mando, “As brigadas da xunta dependen do axente forestal e as de seaga dos tecnicos”, logo a uns lumes ira Seaga e a outros as brigadas da xunta?

    Saudos

    Bit - Abril 25, 2008 @3:08 pm

Añade tu opinión


(obligatorio)
¿Añadir la URL de tu blog?

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2009 — Algunos derechos reservados