Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

Comunicado

O Persoal Laboral Temporal do PLADIGA non compartimos en absoluto as declaracións feitas esta mañan polo director xeral de montes, Alberte Blanco, os medios de comunicación, nas que o propio director dí que é “falsa” a consideración de que se valore máis a experiencia dos empregados de SEAGA fronte os empregados que traballaron no mesmo posto para a Xunta de Galicia.

O Persoal Laboral Temporal do PLADIGA seguimos a insistir que a baremación do tempo traballado en SEAGA é ATA 5 VECES SUPERIOR que o mesmo posto desempeñado na Xunta de Galicia, e aínda maís, unha persoa que traballara noutra categoría totalmente diferente en SEAGA, por exemplo emisorista, pode ter ATA 2,5 VECES maís puntuación por més traballado na categoría de Peón que unha persoa que desempeñara o posto de Peón na Xunta de Galicia, para mostra de todo isto basta observar o baremo aplicado nas diferentes LISTAXES DEFINITIVAS publicadas na propia web de SEAGA (www.epseaga.com), así como das bases de cada unha delas, nas que se fai referencia para postos desempeñados en SEAGA:

“Experiencia profesional en SEAGA, que se valorará en función do cumprimento de
obxectivos (que se reflicten no complemento de produtividade), segundo o seguinte
baremo:

Cun nivel de cumprimento igual ou superior ao 80%: 0,2 puntos por cada mes
de traballo ou fracción por servizos prestados na categoría correspondente, e
0,1 puntos por cada mes de traballo ou fracción por servizos prestados noutras
categorías.

………………..

Mentres que para a Xunta de Galicia é o seguinte:

“Experiencia profesional, por servizos prestados na Administración autonómica, na

categoría correspondente: 0,04 por cada mes de traballo ou fracción.”

Ademais non compartimos a súa afirmación na que dí que as condicións laborais son as mesmas, xa que mentres a través da Xunta de Galicia o persoal goza dun número determinado de días de asuntos propios o ano, en SEAGA esto é inexistente, ademáis de que o tempo de permiso para concurrir a exames oficiais é totalmente diferente, entre outras moitas cousas.

Por último calificamos de ÉXITO ROTUNDO, a concentración levada a cabo no día de hoxe fronte a sede da Conselleria do Medio Rural en Santiago de Compostela, é de non recibir resposta as nosas peticións, continuaremos coas movilizacións nas próximas semanas.

BASES XERAIS DAS CONVOCATORIAS POR LISTAS PREVIAS

En: Notas, Prensa — Mayo 6, 2008

Trackbacks

Para hacer un trackback a este post usa esta URL


Comentarios

Los comentarios de este post en RSS
Por ahora no hay comentarios

Añade tu opinión


(obligatorio)
¿Añadir la URL de tu blog?

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2008 — Algunos derechos reservados