COMUNICADO PERSOAL PLADIGA MANIFESTACIÓN 22 MAIO 2008
¿Quén somos?
Somos traballadores do Servizo Público de Prevención e Defensa Contraincendios da Xunta de Galicia que levamos a cabo as últimas campañas contraincendios (Pladiga), contratados baixo o amparo das listas do Decreto 37/2006 que regula a contratación do persoal laboral temporal deste Servizo.
¿Qué defendemos?
A contratación do reforzo do verán mediante ditas listas, garantindo unhas condicións de traballo dignas e apostando pola continuidade dun servizo público que defenda os intereses de Galicia. Asimesmo, a cobertura de baixas, vacantes, etc. da plantilla de persoal fixo e fixo discontinuo. Todo esto garantiría a mellora do dispositivo.
¿Porqué protestamos?
Porque os dirixentes de Medio Rural crearon unha empresa (Seagasa) para suplantar as tarefas propias do persoal do Pladiga, perxudicando a eficacia e profesionalidade do dispositivo, así como empeorando as condicións do noso traballo. Dita empresa, encabezada polos altos cargos da consellería, só sirve para precarizar o emprego e as condicións de traballo, caciquear con postos e co orde nas súas listas de contratación.
A realidade
O certo é que na empresa Seagasa, non se cumplen as condicións propias dunha empresa pública, por moito que diga o Director Xeral, non existen días de asuntos propios, nin días para examen por obtención de estudos superiores, nin descanso das 12 horas reglamentarias entre cada xornada laboral, etc. Todo isto pódese comprobar nas bases que el mesmo firmou na páxina da empresa.

Comentarios
O Final todas as duas manifestacions,non valeron para nada e os sindicatos calaron, tanto follon para nada o final nos deixaron fora, era vista que o final os sindicatos moito ruido e poucas noces, seguro que si gobernara os do P.P si pondrian mais empeño e mirarian mais por nos, o Final todos nos fallaron.
Añade tu opinión