Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

O persoal do Reforzo de Verán de Incendios solicita reunirse cos candidatos dos partidos políticos de Lugo

O persoal que compón o Reforzo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais na provincia de Lugo solicitan ser recibidos polos candidatos dos principais partidos políticos da Provincia que concurrirán as próximas eleccións Autonómicas para pulsar a súa postura ante as reivindicacións do colectivo, que afectan a máis de 2500 persoas en toda Galicia.

Nos últimos anos o persoal de reforzo de verán do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, tanto o contratado directamente pola Xunta de Galicia como o contratado pola Empresa Publica SEAGA, vimos reivindicando unha estabilidade laboral e unha profesionalización do Servizo que esta cada vez mais lonxe de producirse, só temos que observar os feitos producidos a comezos desde mes de Setembro, no que boa parte do persoal contratado pola Empresa Pública SEAGA foi despedido sen xustificación e posteriormente readmitido ante a presión sindical, mediatica e, principalmente, dos propios traballadores, os cales tiñan prometido por parte da empresa un período de traballo de 3 meses e moitos deles apenas con 2 meses foron despedidos e posteriormente readmitidos (con apenas horas de preaviso como se unha empresa de traballo temporal se tratase).

Os traballadores que compoñemos o reforzo de verán do Servizo Publico de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, os cales nos vimos reunindo dende o ano pasado con periodicidade e celebrando nas últimas semanas asembleas e reunións o longo de toda Galicia, apostamos por un Servizo PUBLICO e PROFESIONAL de Defensa Contra Incendios Forestais, para o cal é necesario uns criterios de selección OBXECTIVOS, baseados en listas nas que non predominen criterios Subxectivos de Produtividade, para o cal reclamamos que se prime, sobre todo, a experiencia nos últimos anos do persoal que compoñemos este colectivo, asemade da publicación TRANSPARENTE de ditas listas nas que se detalle claramente a puntuación dos candidatos e o nome destos para poder detectar erros e posibles manipulacións nas mesmas.

Reclamamos tamén saber con tempo suficiente a data de comezo dos contratos de traballo e non saber con apenas 3 dias de antelación dita data, ademais de contar cun tempo de traballo suficiente para manter un servizo “estable e profesional” campaña tras campaña e que dito tempo non dependa de circunstancias “climatolóxicas”, xa que o noso traballo non esta ligado exclusivamente a Extinción de Incendios, senón que boa parte do mesmo basease en realizar labores de Prevención (limpeza, desbroces, etc) e Mantemento de Infraestruturas de Defensa contra Incendios, co cal existe carga de traballo mais que suficiente para manter un servizo “estable e profesional” ano tras ano, que garanta un Servizo de Extinción de Incendios Publico, profesional e de calidade, que permita loitar eficazmente, ano tras ano, contra os incendios forestais que asolan Galicia.

Por todo elo solicitamos reunirnos cos principais partidos políticos que concorrerán as próximas eleccións autonómicas na provincia de Lugo para recabar a súa postura nestes asuntos que preocupan a mais de 2500 persoas en toda Galicia e deste modo saber cal vai ser a postura de ditas formacións políticas en temas como son:

  • Privatización do Servizo de Incendios a través da Empresa Pública SEAGA.

  • A non utilización de listas de contratación do decreto 37/2006 a pesares de estar aberta a inscrición (co cobro das correspondentes taxas e que se fagan ano tras ano probas físicas) e posteriormente non se contrate a ningunha persoa por ditas listas ou a moi poucas (dependendo da categoría).

  • Profesionalización do Servizo Público de Incendios Forestais.

  • Estabilidade Laboral do persoal de reforzo.

  • Política de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

  • Condicións de traballo do dispositivo de reforzo de verán

Por iso remitimos unha carta a cada unha das formacións políticas da provincia de Lugo solicitando que sexa recibida unha representación dos traballadores que nos vimos reunindo nas últimas datas para amosarlles as nosas inquedanzas e recabar a postura dos diferentes partidos políticos nestes asuntos.

Lugo, 23 de Setembro de 2008

Traballadores/as do Reforzo de Verán do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Provincia de Lugo.

En: Uncategorized — Septiembre 23, 2008

Trackbacks

Para hacer un trackback a este post usa esta URL


Comentarios

Los comentarios de este post en RSS
Por ahora no hay comentarios

Añade tu opinión


(obligatorio)
¿Añadir la URL de tu blog?

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2010 — Algunos derechos reservados