Pladiga.Com

A web dos Pladigas e Traballadores de SEAGA

Nota de Prensa de Apropiga

Transcorrido un ano dende que o Partido Popular gañara as eleccións ó Parlamento de Galicia, na asociación profesional Apropiga -que agrupa ós traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia (Spdcif)- queremos facer a seguinte declaración ó respecto da política de prevención e extinción de incendios forestais do actual goberno.

O Partido Popular, presentouse ás eleccións do 1 de marzo de 2009 cun programa electoral que, na páxina 114 dicía o seguinte:

“De maneira prioritaria, reforzaremos o carácter público do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestales da Xunta de Galicia, exemplo durante anos de profesionalidade e eficacia, reestablecendo o mando único na loita contra os incendios forestais e realizando a totalidade das contratacións da campaña de verán do Plan de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia a través das listas oficiais de contratación da Xunta”

As listaxes ás que se refire o texto anterior son as que se rexen polo decreto da consellería de Presidencia 37/2006 do 2 de marzo, que regula as listaxes de contratación do persoal interino e temporal na Xunta de Galicia.

Un ano despois e trala campaña de incendios do ano 2009 -que asumiu o novo goberno co mesmo dispositivo que tiña establecido o anterior conselleiro- seguimos agardando que se cumplan as promesas electorais do Partido Popular. Ás portas do comezo da precampaña deste ano, a Consellería aínda non fixo ningún anuncio de cal vai ser a estructura do dispositivo de prevención e extinción para a campaña de alto risco de incendios de 2010.

O presidente Núñez Feijoo e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez -como responsable da política forestal e de prevención de incendios- aínda non cumpliron co que aparece recollido no seu programa electoral. Prometeron que a empresa Seaga -creada polo bipartito como instrumento clientelar que buscaba beneficiar a persoas da súa corrente ideolóxica- ía ser eliminada da prevención e extinción de incendios forestais para reforzar o Spdcif na época de máximo risco de incendios efectuando as contratacións polas listaxes do decreto 37/2006 nas que figuran profesionais con ampla experiencia e formación e que foron despreciados durante o goberno anterior para beneficiar as contratacións paralelas a través de Seaga.

Ante o silencio complice da Consellería de Medio Rural, que parece indicar que prentende seguir facendo unha política de prevención e extinción a través da empresa Seaga, limitándose a substituir ó seu xerente actual –nomeado polo anterior conselleiro Súarez Canal- para continuar cunha “limpeza” entre o persoal da empresa que lle permitiría iniciar unha política de contratación que consistiría en cambiar a uns traballadores por outros, dende Apropiga queremos lembrarlle ó goberno galego que as promesas electorais están para cumplirse; que Seaga é unha empresa que non mellorou en nada a política de prevención e extinción de incendios en Galicia; que xa existen unhas listas públicas, transparentes e reguladas pola propia administración que deben ser o único medio de contratación porque nelas están os verdadeiros profesionais da prevención e da extinción en Galicia; e, por último, que manter a duplicidade do dispositivo das últimas campañas –Seaga por un lado e Spdcif por outro- tan só xenera confusión, desorganización, e descooordinación dos medios á hora de facer fronte ós lumes, restando eficacia nos desenvolvemento do noso traballo, ademais de xerar unha duplicación inxustificada do gasto nos presupostos da Xunta de Galicia que contrata, a través de Seaga, o que xa ten na consellería de Medio Rural.

En: Uncategorized — Marzo 2, 2010

Trackbacks

Para hacer un trackback a este post usa esta URL


Comentarios

Los comentarios de este post en RSS
Por ahora no hay comentarios

Añade tu opinión


(obligatorio)
¿Añadir la URL de tu blog?

buddy icon Envia todo o que consideres que se deberia publicar a: correo@pladiga.com

Secciones

Buscador

Pulsa ENTER al terminar de escribir

Enlaces


Sindicar

Puedes Sindicar el contenido de este blog en tu lector de noticias usando alguna de las siguientes formas:



WordPress & Dalarnas

Pladiga.Com © 2010 — Algunos derechos reservados