limpieza en seaga

Foro para tratar todolos temas en xeral

Moderador: Bit

limpieza en seaga

Mensaxepor txurri o Lun Mar 01, 2010 8:28 pm

segun dixeronme a xan bautista e a os xefes provincias xa estan na rua, e hai rumores que o proximo xerente vai a ser don pedro que estivo no distrito III ven casmbios para seaga e peor que estos non lo hace nadie es moi dificil
txurri
 
Mensaxes: 9
Rexistrado: Ven Mar 20, 2009 2:02 pm

Re: limpieza en seaga

Mensaxepor rogerio o Mér Mar 10, 2010 12:18 am

hoxe anunciaron na paxina da xunta o nomeamento do novo xerente de seaga, Pablo Arbones Maciñeira.


http://www.xunta.es/actualidade?content ... r2727.html

O Consello de Administración da Empresa Pública Servizos Agrarios de Galicia (Seaga), dependente organicamente da Consellería do Medio Rural, ven de decidir na súa xuntanza desta tarde nomear como novo director-xerente da entidade ao enxeñeiro de montes Pablo Arbones Maciñeira.

Arbones relevará este mesmo sábado no seu cargo a Xan Bautista Cambón, quen finaliza este venres o seu contrato coa entidade, e a quen o Consello de Administración agradeceu os servizos prestados desde que fora nomeado nada máis crearse Seaga, en xaneiro de 2007, tras resolución do 28 de decembro de 2006.

Seaga é unha empresa pública que realiza obras, actuacións, traballos e prestacións de servizos en materia forestal, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra incendios no monte. Ao longo deste tres anos, ten servido como ferramenta fundamental nos plans de reordenación e aproveitamento da capacidade forestal da Comunidade.

O novo xerente
Pablo Arbones, natural da Coruña, é enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid, título que acadou con cualificación de sobresaliente. Ademais, é master en administración de empresas, e ten participado en numerosos cursos de formación medioambiental, especialmente no referido á xestión da calidade e prevencións de riscos laborais.

Ademais de ter realizado labores profesionais para a Administración autonómica (precisamente en materia forestal), Arbones traballou en diversas empresas do sector, entre elas Etega, Medio Ambiente Dalmau, e Alcuba. Nesta última exercía ata o de agora o posto de director de xestión da súa sección inmobiliaria, que compatibilizaba co de xefe do departamento de calidade e medio ambiente.
rogerio
 
Mensaxes: 21
Rexistrado: Lun Mar 08, 2010 11:55 pm


Volver a Foro Xeral

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Google [Bot] e 1 convidados

cron