Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Foro para tratar todolos temas en xeral

Moderador: Bit

Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Mensaxepor xambau o Mér Mar 18, 2009 7:25 pm

Dende que o pasado día 5 de marzo comezara a precampaña, pola base helitransportada do xurés non apareceu ningún emisorista (http://www.moendo.net/2009/03/15/medio- ... -do-xures/). Polo visto non é a primeira vez que iso pasa, xa o ano pasado estiveron dous meses sen emisorista e, pola falla de persoal, o helicóptero tivo que sair nunha ocasión a un incendio cun só peón.
xambau
 
Mensaxes: 14
Rexistrado: Lun Mar 09, 2009 1:01 am

Re: Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Mensaxepor Jaime o Mér Mar 18, 2009 8:17 pm

Pois manda carallo!!! Estou seguro que a xente do Distrito en cuestión que tea apuntada na lista de emisorista estea esperando que a chamen...si e que a chaman :-( Ou a base esa vai por SEAGA NON SE TRAGA????? De todolos xeitos a uns ou a outros xa lles vale...
PLADIGA (ANTIGO INFOGA)...E A MOITA HONRA
QUE O ACTUAL GOBERNO DA XUNTA REDIMENSIONE O SPDCIF DUNHA VEZ!
Jaime
 
Mensaxes: 218
Rexistrado: Sáb Abr 05, 2008 12:08 am
Ubicación: Distrito XX'V

Re: Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Mensaxepor xambau o Mér Mar 18, 2009 8:23 pm

Vai por SEAGA... Claro!

Bon, claro, claro, non! Máis ben todo enzoufado.
xambau
 
Mensaxes: 14
Rexistrado: Lun Mar 09, 2009 1:01 am

Re: Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Mensaxepor Jaime o Mér Mar 18, 2009 8:30 pm

Pois xa lles vale ós de Seaga tamen...Haber se cambian as cousas e haber si de verdade lle quitan os incendios a esta empresa "pública" e bueno, tamen as obras que pa empezar podia estar facendoas xente contratada polas listas do Decreto.
Saudos
PLADIGA (ANTIGO INFOGA)...E A MOITA HONRA
QUE O ACTUAL GOBERNO DA XUNTA REDIMENSIONE O SPDCIF DUNHA VEZ!
Jaime
 
Mensaxes: 218
Rexistrado: Sáb Abr 05, 2008 12:08 am
Ubicación: Distrito XX'V

Re: Dúas semanas sen emisoristas no xurés

Mensaxepor xambau o Sáb Mar 21, 2009 10:36 am

O lume arrasa o Parque Natural do Xurés: A poucos días de que o Parque Natural do Xurés sexa declarado reserva da biosfera o lume arrasa a súa paisaxe. Dende onte, numerosos meses están participando na extinción dun lume que chego a acadar tres kilómetros de fronte e lapas de máis de seis metros de altura. Mentres tanto, na base helitransportada do xurés seguen sen ningún emisorista, causando serios problemas de operatividade os medios aéreos que traballan na zona (http://chuza.org/historia/o-lume-arrasa ... -do-xures/)
xambau
 
Mensaxes: 14
Rexistrado: Lun Mar 09, 2009 1:01 am


Volver a Foro Xeral

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron