Nunha Sentenza recente, analizada en mOendo do Revés (http://www.moendo.net/2009/06/15/a-xust ... za-social/) o TSXG da a razón a SEAGA sen que esta chegase a probar en ningún momento que o que o traballador afirma sexa certo. Como sabedes todos os que traballades en SEAGA os traballadores realizan en boa medida actividades distintas para as que foron contratados. Iso supón un fraude de lei e, polo tanto, a conversión do contrato en indefinido. Sería a empresa a que está obrigada a desmentir as afirmación do traballador, probando que as actividades que este afirma facer foron en realidade realizadas por outra persoa. SEAGA non probou tal cousa, de feito iso non aparece entre os feitos probados, sen embargo, iso non foi motivo para darlle a razón a empresa.
En calquera caso, desta sentenza hai puntos positivos que resaltar:
a) PROBA: a sentenza basease na desvirtuación da proba presentada. No futuro será preciso presentar máis probas e, sobre todo, testigos.
b) DEMANDA COLECTIVA: ir por libre non da resultado. Si, como todos sabemos, existe fraude na contratación, será preciso que todos o denuncien: peóns, técnicos, emisoristas,... Que cada quen logo defina as súas funcións e cada unha das actividades distintas realizadas. Convén ir recollendo probas durante toda a campaña.
