Compañeir@s: @s traballadores de SEAGA estamos loitando, silenciados polos medios de comunicación e pola falta de solidariedade dalgúns que se enchían a boca defendendo á empresa pública e agora defenden os que outros lle chamaban chiringuito,ou novos xeitos de explotalos traballador@s dende o sector privado un novo/vello xeito de clientelismo caciquil.
Temos un abano de próximas accións a levar adiante.
A derradeira asemblea celebrouse hoxe fai unha sema en Compostela con compañeir@s das catro provincias e onte metémonos nas dependencias da Consellería de Medio Rural en todos aqueles sitios que temos presenza para pedir información e amosar o noso desacordo total coa política que esta a levar adiante a Xunta, co seu intento de privatizar e desmantelala empresa deixando as listas actuais ao pairo é a xente na rúa ( máis de 1200 traballador@s,acto do que só se deu eco en Radio Nacional.
Nos somos a ASEMBLEA DE TRABALLADOR@S DO MONTE GALEGO. (SEAGA).
E o noso enderezo é: montegalego@yahoo.es.
Só tes que comunicarte con nós. Pásao.
